Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2012 Páx. 3533

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de iniciación dos expedientes sancionadores por infracción en materia de espectáculos públicos (PO-453/11 e PO-454/11).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante LRXPAC), notifícanselle á persoa que se relaciona no anexo os acordos de iniciación ditados nos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

A competencia para impoñer esta clase de sancións corresponde aos xefes territoriais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución aos órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1 da LOSC e a disposición transitoria 1.ª do Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia (DOG do 1 de maio).

Infórmaselle que, de conformidade co disposto no artigo 135 da LRXPAC e nos artigos 3, 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto), conta cun prazo de quince días hábiles contados desde a publicación para exercer perante o/a instrutor/a o dereito de audiencia e formular alegacións, así como examinar o expediente nestas dependencias. Igualmente poderá exercer o dereito de recusación nos casos e na forma prevista no artigo 29 da LRXPAC.

A tramitación dos expedientes realízase na oficina desta xefatura territorial, sita na planta 9 do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra, rúa Fernández Ladreda, 43 de Pontevedra.

No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento, no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 16 do Real decreto 1398/1993.

Pontevedra, 12 de xaneiro de 2012.

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: PO-453-11.

NIF: B-36507952.

Denunciada: Soliño y Broullón, S.L.

Enderezo: r/ Lirio, n.º 2-11.º, 36940 Cangas.

Establecemento: Discoteca Tragos, r/ Gondomar, 10-baixo, 36940 Cangas.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei orgánica 1/1992.

Número de expediente: PO-454-11.

NIF: B-36507952.

Denunciada: Soliño y Broullón, S.L.

Enderezo: r/ Lirio, n.º 2-11.º, 36940 Cangas.

Establecemento: Discoteca Tragos, r/ Gondomar, 10-baixo, 36940 Cangas.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei orgánica 1/1992.