De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan, ás cales non se lle puido facer por correo certificado, os acordos de iniciación ditados nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase no anexo.
Desígnase instrutor/a do expediente a María Engracia Gómez Dacal e secretario a José Luis Abelleira Fernández, que poden ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992.
Os interesados disporán dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación, para poderen examinar o expediente no Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior desta xefatura territorial, e para presentar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas consideren convenientes na defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a sua responsabilidade, tal como o establece o artigo 13.d) do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.
No caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, determinándose para estes efectos o importe da sanción.
Será competente para a resolución do expediente o xefe territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza en Lugo, segundo o establecido na Orde do 26 de setembro de 1996 da citada consellería (DOG 30.9.1996) e nos decretos 83/2009, do 21 de abril, e 245/2009, do 30 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das xefaturas da Xunta de Galicia (DOG núm. 155, do 12 de agosto), e o Decreto 7/2011, do 20 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
Lugo, 28 de decembro de 2011.
Marta Barreiro Castro
Xefa territorial de Lugo
ANEXO
Nome |
DNI/NIF |
N.º de |
Precepto infrinxido |
Último domicilio |
Posible sanción |
Lorena González Blanco |
34267666-N |
LU-E 345/11 |
23.o) en relación co 26.e) da L.O. 1/1992 |
r/ Duquesa de Alba n.º 57-59, |
Ata 3.900 € |
Ribalider, S.L. |
B-27289644 |
LU-E 347/11 |
26.e) da L.O. 1/1992 |
Avda. Galicia n.º 8 baixo, Ribadeo |
Ata 300 € |
María Elena Torrez Marte |
X-4094043-C |
LU-E 348/11 |
23.e) da L.O. 1/1992 |
r/ Calvo Sotelo n.º 119-3.º B, Sarria |
Ata 600 € |
Ribalider, S.L. |
B-27289644 |
LU-E 349/11 |
26.e) da L.O 1/1992 |
Avda. Galicia n.º 8 baixo, Ribadeo |
Ata 300 € |