Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 2012 Páx. 3354

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Gijón

EDICTO (744/2011).

Carmen Villar Sevillano, secretaria do Xulgado do Social número 1 de Gijón, fago saber que, por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia da Delegación do Goberno en Asturias contra Bar Casa Prendes, S.L., Carlene da Silva Santos, Joseline Dias Mota, Gyrlane Jeronimo da Silva, Mishell Alfonsina do Mar Morfe de la Cruz, Jackeline Kelia da Silva e Grismele Johanny Alcantara Molina, en reclamación por proced. oficio, rexistrado co número p. oficio autoridade laboral 744/2011, acordouse citar a Grismele Johanny Alcantara Molina, en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 23 de xaneiro de 2012 ás 11.00, para a realización dos actos de conciliación e, no seu caso, xuízo, que terán lugar na Sala de Vistas deste Xulgado do Social número 1 sito en Decano Prendes Pando n.º 1, 2.º andar, 33206 Gijón, debendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de citación a Grismele Johanny Alcantara Molina, expídese esta cédula para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e colocación no taboleiro de anuncios.

Gijón, 16 de decembro de 2011.

A secretaria xudicial