Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 2012 Páx. 3353

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (803/2011).

Eduardo José Castaño Barreiro, secretario xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 803/2011 deste xulgado do Social, seguido por instancia de David Rodríguez Pena contra a empresa Industrias Gelucho Romar, S.A., Fondo de Garantía Salarial, Fogasa, Hijos de G. R. Carpintería 2011, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

DISPOÑO:

Rectificar o erro de transcrición contido no fundamento xurídico terceiro e na resolución da sentenza ditada neste procedemento con data do 28.12.2011, para facer constar que a indemnización por despedimento improcedente que debe percibir o demandante é de 12.872,81 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, advertindo que contra ela non cabe interpor ningún recurso distinto do recurso de suplicación que, de ser o caso, se formule contra a sentenza.

Así, por este auto, o pronuncia, manda e asina María Marta Guillemet García, xuíza substituta deste xulgado.

Advírtese o destinatario, empresa Industrias Gelucho Romar, S.A., e administrador da empresa Gumersindo Sánchez Bra, que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamentos.

A Coruña, 30 de decembro de 2011.

O secretario xudicial
Rubricado