Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 2012 Páx. 3351

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (413/2009).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña,

Fai saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Humberto Mendes de Oliveira contra Promociones Pascua y Nieto, S.L., empresa Francisco Fernández Pazos, Rosetta La Piedra Natural, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Midat Cyclops e Mutua Umivale, en reclamación por Seguridade Social, rexistrada co número 413/2009, se acordou notificar a Promociones Pascua y Nieto, S.L. e á empresa Francisco Fernández Pazos, en ignorado paradoiro, o dispoño do auto de aclaración do 11.11.2011.

DISPOÑO:

Examinada de feito a sentenza, apréciase a necesidade de aclarala no sentido que a seguir se di:

Engádese no feito que se declara probado quinto o seguinte:

O demandante recibiu o informe médico de alta o día 6 de maio de 2010. Non consta expediente de incapacidade temporal no Instituto Nacional da Seguridade Social, polo que se considera que a incapacidade temporal do demandante tivo a máxima duración establecida legalmente.

Na resolución declárase a responsabilidade subsidiaria da Tesouraría Xeral da Seguridade Social no pagamento da prestación recoñecida ao demandante para o caso de insolvencia das empresas condenadas, así como para o caso de insolvencia das mutuas demandadas.

En canto á data da alta médica da incapacidade temporal, declárase que esta tivo a duración máxima establecida legalmente.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, advertindo que contra ela non cabe interpor ningún recurso distinto do recurso de suplicación que, se e o caso, se formule contra a sentenza.

Así, por este auto, o mando e asino. Maxistrado José Ignacio García Bourrellier. Dou fe.

E para que sirva de notificación a Promociones Pascua y Nieto, S.L. e á empresa Francisco Fernández Pazos, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 28 de decembro de 2011.

A secretaria xudicial
Rubricado