Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 2012 Páx. 3355

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2012, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se anuncia a licitación da contratación do servizo de transporte para escolares participantes no Programa Xogade no curso 2011-2012.

Aprobado o expediente de contratación que a seguir se identifica, mediante Resolución do 10 de xaneiro de 2012, procédese agora a efectuar o seu anuncio de licitación.

Esta resolución constitúe un acto de trámite para os efectos do parágrafo segundo do artigo 107.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Presidencia da Xunta de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral para o Deporte.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación do servizo de transporte para escolares participantes no Programa Xogade (Xogos galegos deportivos en idade escolar), curso 2011-2012.

b) Lugar de execución: nas condicións do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Prazo de execución: durante a duración do Programa Xogade (5 meses) organizado pola Secretaría Xeral para o Deporte durante o curso 2011-2012.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto harmonizado.

4. Orzamento base de licitación.

Importe sen impostos: 452.532,66 €.

Impostos: 36.202,60 €.

Importe total: 488.735,26 €, impostos incluídos, e conforme a seguinte distribución por anualidades:

Ano 2012: 488.735,26 €, impostos incluídos.

5. Garantías.

a) Garantía provisional: non se exixe, ao abeiro do disposto no artigo 103 do TRLCSP.

b) Garantía definitiva: cinco por cento (5%) do importe de adxudicación, impostos excluídos.

6. Obtención de documentación e información.

No Servizo de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte (estadio multiusos de San Lázaro, s/n - porta 4, 15781 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 26 26. Fax: 981 54 26 39).

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas a que se refire o parágrafo anterior poderán ser consultados tamén na internet:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17107

Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo R, subgrupo 1, categoría D.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a acreditación efectuarase mediante a presentación dos documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o 10 de febreiro de 2012, ás 14.00 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

Os contratistas que se atopen inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma e así o fagan constar na folla de especificacións do sobre A (documentación administrativa) quedarán exonerados de presentar a documentación a que se refire o artigo 5 da Orde do 23 de outubro de 1995 (DOG do 10 de novembro).

c) Lugar de presentación:

No rexistro público da Secretaría Xeral para o Deporte (estadio multiusos. San Lázaro, s/n-porta 4. 15781 - Santiago de Compostela. Fax: 981 54 26 39), tamén poden ser enviados por correo dentro do prazo de admisión.

8. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Secretaría Xeral para o Deporte.

b) Enderezo: estadio multiusos San Lázaro, s/n - porta 4, 15781.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o 20 de febreiro de 2012.

e) Hora: 11.00 horas.

Anunciarase no perfil do contratante e comunicaráselles aos licitadores a convocatoria da mesa pública para a apertura do sobre número 3.

9. Outras informacións.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación do sobre A e publicará no taboleiro de anuncios dos servizos centrais da Secretaría Xeral para o Deporte o resultado da apertura, para que se emenden, se for o caso, e dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na dita documentación.

10. Gastos do anuncio.

Os gastos que orixine a publicación, por unha soa vez, do anuncio desta licitación nos correspondentes diarios e boletíns oficiais serán por conta dos adxudicatarios dos contratos, sen que se poida imputar á Administración contratante ningún pagamento por tal concepto.

O importe estimativo máximo é o seguinte:

Custo do Diario Oficial de la Unión Europea: gratuíto.

Custo do BOE: taxa/liña de título: 13,82 €. Taxa/liña de texto: 15,35 €.

Custo do DOG: 5,42 € por liña publicada no DOG.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: o 2 de xaneiro de 2012.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2012.

Por desconcentración (Decreto 325/2009)
José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte