Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 2012 Páx. 3388

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2011, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Vilar de Barrio (expediente IN407A 2011/98-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: recuamento L.M.T. Meamán.

Situación: Vilar de Barrio.

Características técnicas:

L.M.T. Vixueses, 7 aerosubterránea a 20 kV de 85 m en aéreo, condutor LA-110 e 150 m en subterráno con condutor R.H.Z.1 e con orixe no apoio 2 da L.M.T. Vixueses-7 ao C.T. As Maus (32A599) e remate no apoio 4 da L.M.T. Vixueses-7 ao C.T. As Maus (32A599).

L.M.T. ao C.T. Porto aerosubterránea a 20 kV de 95 m en aéreo, condutor LA-56 e 100 m en subterráneo con condutor R.H.Z.1, con orixe e remate na L.M.T. existente ao C.T. Porto (32AW51).

Orzamento: 49.760,68 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 24 de novembro de 2011.

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense