Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 2012 Páx. 3390

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Xunqueira de Ambía (expediente IN407A 2011/101-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: L.M.T. Xunqueira de Ambía.

Situación: Xunqueira de Ambía.

Características técnicas:

L.M.T. aérea a 20 kV de 1.274 m con condutor LA/30/31,10 mm2 e orixe na L.M.T. ao C.T. Xunqueira de Ambía I (32C614) e remate na L.M.T. ao C.T. Xunqueira de Ambía II. Orzamento: 31.479,38 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 23 de decembro de 2011.

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense