Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 2012 Páx. 3386

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 16 de xaneiro de 2012, do Servizo de Planificación e Avaliación das Auditorías de Fondos Comunitarios, sobre notificación por comparecencia para a realización de controis financeiros sobre tres subvencións percibidas por unha beneficiaria.

A Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, no exercicio das funcións de control financeiro que lle son atribuídas no artigo 94 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia; no artigo 42 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como de conformidade co previsto no artigo 10 do Regulamento (CE) n.º 438/2001, da Comisión, do 2 de marzo, polo que se establecen as disposicións de aplicación do Regulamento (CE) 1260/1999, do Consello, en relación cos sistemas de xestión e control das axudas outorgadas con cargo aos fondos estruturais, está efectuando controis financeiros a Ideas Posibles, S.L., en relación con tres subvencións percibidas para favorecer a xeración dunha nova actividade que permita a creación de emprego, medida 1.8 enmarcada dentro do eixe 1, mellora da competitividade e desenvolvemento do tecido produtivo, cofinanciada polo Programa operativo integrado de Galicia (FSE) dentro do Marco comunitario de apoio 2000-2006, axuda permanente para o obxectivo 1.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante este anuncio faise saber:

1. Que, tentadas as notificacións dos tres informes definitivos de control a Ideas Posibles, S.L., non foi posible practicalas.

2. Que, por medio do presente anuncio, se pon de manifesto que Ideas Posibles, S.L. ou persoas debidamente autorizadas deberán comparecer no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, nas oficinas desta Subdirección Xeral de Auditoría de Fondos Comunitarios e Subvencións, sita no edificio San Caetano, s/n, bloque n.º 3 (Intervención Xeral da Comunidade Autónoma-Consellería de Facenda), de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas, co obxecto de facerlles entrega dos tres informes definitivos de control financeiro a Ideas Posibles, S.L.

3. Que, se rematado o prazo sinalado non tivesen comparecido, as notificacións entenderanse producidas para todos os efectos legais desde o día seguinte ao do vencemento do prazo para comparecer.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2012.

María Brage Díaz
Xefa do Servizo de Planificación e Avaliación das Auditorías de Fondos Comunitarios