Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2012 Páx. 3214

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadumia

ANUNCIO de modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Aprobada inicialmente polo Pleno Municipal, en sesión celebrada con data do 21 de decembro de 2011, a modificación puntual n.º 2 do Plan Xeral de Ordenación Municipal, entre os núcleos de Barrantes e Santa Baia, e de conformidade co disposto no artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia, modificada polo Lei 15/2004 e pola Lei 2/2010, sométese a dita modificación a información pública polo prazo de dous meses, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nos periódicos de La Voz de Galicia e Faro de Vigo, computándose dito prazo desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no DOG, a fin de que se poida examinar o contido da modificación e presentar as alegacións ou observacións que se consideren pertinentes.

Ribadumia, 22 de decembro de 2011.

M.ª Salomé Peña Muñiz
Alcaldesa