Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2012 Páx. 3215

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de información pública (expedientes 72731/421 e 37711/422).

Observado erro no anuncio da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, publicado no BOP n.º 218, do 14 de novembro de 2011, e no DOG n.º 242, do 21 de decembro de 2011, polo que se sometía a información pública a petición formulada por Quantum Ingeniería Europea, S.L., de licenza de obra e de licenza de actividade para deseño e fabricación de máquinas para o tratamento da auga (expedientes 72731/421 e 37711/421), que se situaba no n.º 17 de Gandariña (camiño), toda vez que a localización exacta é no n.º 21 de Gandariña (camiño), e non no n.º 17 como se fixo figurar nos ditos anuncios.

De conformidade cos artigos 105.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, RXAP-PAC, e o artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométense os expedientes a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, BOP e exposición no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, por petición presentada por Quantum Ingeniería Europea, S.L., que solicita licenza de obra e licenza de actividade para deseño e fabricación de máquinas para o tratamento da auga, en Gandariña (camiño) n.º 21, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno.

O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte á publicación do primero anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte á publicación do derradeiro anuncio. Os expedientes 72731/421 e 37711/422 están á disposición do público en xeral e pódense consultar na oficina de Arquivo e Control da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da Xerencia sito na praza do Rei, 4, Vigo).

Vigo, 21 de decembro de 2011.

M.ª del Carmen Silva Rego
Concelleira delegada da Área de Urbanismo, Cascos Históricos
e Grandes Proxectos