Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2012 Páx. 3213

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambre

ANUNCIO do concurso entre o persoal laboral do concello para prover o posto de oficial de obras.

Por Resolución do 27 de decembro de 2011, do concelleiro delegado de Réxime Interior, Patrimonio e Contratación, aprobáronse as bases da convocatoria reguladora do concurso entre o persoal laboral do concello para a provisión do posto de traballo de oficial de obras.

O Boletín Oficial da provincia da Coruña número 4, do 5 de xaneiro de 2012, publica as bases da convocatoria do concurso entre o persoal laboral para prover o seguinte posto:

Denominación do posto: oficial de obras.

Réxime: laboral.

Grupo: equivalente a outras agrupacións profesionais.

Complemento de destino: (nivel 14) 3.814,20 euros.

Complemento específico: 4.117,77 euros.

O prazo de presentación de instancias será de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Cambre, 11 de xaneiro de 2012.

Felipe Andreu Barallobre
Concelleiro delegado de Réxime Interior, Patrimonio e Contratación