Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2012 Páx. 3174

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (803/2011).

Eduardo José Castaño Barreiro, secretario xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 803/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de David Rodríguez Pena contra a empresa Industrias Gelucho Romar, S.A., Fondo de Garantía Salarial, Hijos de G.R. Carpintería 2011, S.L., sobre despedimento, foi ditada a seguinte resolución:

«Decido

Que, estimando a demanda orixe das presentes actuacións, promovida por David Rodríguez Pena contra a empresa Industrias Gelucho Romar, S.A. e a empresa Hijos de G.R. Carpintería 2011, S.L., sobre despedimento, debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento do demandante, e condeno as empresas demandadas a estaren e pasaren por tal declaración e condeno a empresa Hijos de G.R. Carpintería 2011, S.L. a que, á súa opción, readmita o demandante no seu posto de traballo nas mesmas condicións que rexían con anterioridade ao despedimento, ou ben o indemnice coa suma de 13.902,63 euros, indemnización de cuxo pagamento responderá solidariamente a empresa Industrias Gelucho Romar, S.A.

En ambos os casos deberá aboar os salarios de tramitación desde o día seguinte ao da data de despedimento e ata a notificación da presente sentenza, a razón do salario/día de 45,77 declarado probado no feito primeiro, e manténdoo en situación de alta na Seguridade Social durante o correspondente período; declaro expresamente a responsabilidade solidaria no pagamento da empresa Industrias Gelucho Romar, S.A.

Advírtese, por último, á empresa demandada que a opción sinalada se deberá efectuar ante este xulgado do social no prazo dos cinco días seguintes á notificación da sentenza, entendéndose que, de non o facer así, se opta pola readmisión.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interporen contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso for interposto pola parte demandada, non se admitirá sen a consignación previa do importe da condena, que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 150,25 euros do depósito especial indicado no artigo 227.1 a) da LPL. Ambos os ingresos deberán efectuarse por separado na mesma conta corrente antes indicada, podendo a empresa substituír o importe da consignación pola constitución ao dispor deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza».

Advírtese ao destinatario, empresa Industrias Gelucho Romar, S.A., e ao administrador da empresa, Gumersindo Sánchez Bra, que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de decembro de 2011.

O secretario xudicial