Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2012 Páx. 3176

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto, tramitación ordinaria e anticipada de gasto, para a contratación do servizo de limpeza de edificios xudiciais da Xunta de Galicia.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención da documentación e información:

1. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

2. Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio n.º 1, 2.º andar.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4. Teléfono: información de índole técnica: 981 54 42 85 e información de índole administrativa 981 54 45 17 e 981 95 73 49.

5. Telefax: 981 54 42 39.

6. Correo electrónico: maria.blanco.aller@xunta.es ou santiago.gonzalez.serrano@xunta.es

Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17085

Data límite da obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

d) Número do expediente: SESE 05-EM.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: prestación do servizo de limpeza dos edificios xudiciais da Xunta de Galicia que figuran no anexo I do prego de prescricións técnicas.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non leva lotes.

d) Lugar de execución: o servizo realizarase nos lugares indicados no anexo I do prego de prescricións técnicas.

e) Prazo de execución: doce meses contados desde o día seguinte ao da sinatura do contrato, axustándose ao indicado na letra K da folla de especificacións.

f) Admisión de prórroga: si, por un prazo máximo igual ao do contrato.

g) CPV: 90919200-4 Servizos de limpeza de oficinas.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Subhasta electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na letra J da folla de especificacións.

4. Valor estimado do contrato: 1.864.406,78 €.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 733.333,34 €.

IVE (18%): 366.666,66 €.

Importe total: 1.100.000 €.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5% do importe de adxudicación (IVE excluído). No caso de baixas desproporcionadas terá que constituírse unha garantía do 10% do importe de adxudicación (IVE excluído).

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo U, subgrupo 1, categoría D.

b) Solvencia económica e financeira para empresarios non españois de Estados membros da Unión Europea: deberá xustificarse polos medios sinalados na letra F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

c) Solvencia técnica e profesional para empresarios non españois de Estados membros da Unión Europea: deberá xustificarse polos medios sinalados na letra G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 6 de febreiro de 2012, ás 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na letra c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama, fax ou burofax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación: Santiago de Compostela.

1. Dependencia: Oficina de Rexistro Único e Información do Complexo Administrativo San Caetano.

2. Domicilio: complexo administrativo San Caetano.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas.

a) Lugar: Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dirección: edificio administrativo San Caetano, bloque 1, 2.º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) A data e a hora: o primeiro acto público de apertura do sobre B Documentación técnica e de criterios de adxudicación non avaliables automaticamente terá lugar ás 12.00 horas, o día 16 de febreiro de 2012. O lugar, o día e a hora do segundo acto público, de Lectura e avaliación do sobre B e do terceiro acto público, de apertura do sobre C Proposición económica e criterios de adxudicación avaliables de forma automática, indicaranse oportunamente no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 29 de decembro de 2011.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2011.

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza