Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2012 Páx. 3172

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña

EDICTO (1650/2010-L).

Eu, Carlota Fernández Ambros, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña, por este edicto, anuncio: neste procedemento de xuízo ordinario 1650/2010-L, seguido por instancia de Banco Santander, S.A. fronte a Diga Fonotiendas, S.L. e José Antonio Ferreiro Dapia, ditouse sentenza cos seguintes particulares:

«Sentenza: 150/2011.

Procedemento: xuízo ordinario 1650/2010-L.

Sentenza.

A Coruña, 22 de xullo de 2011.

Vistos por M.ª Estefanía Cambón Rodríguez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña, os autos de xuízo ordinario n.º 1650/2010, seguidos en virtude de demanda presentada pola procuradora dos tribunais Sra. Castro Rei, en nome e representación de Banco de Santander, S.A., baixo a dirección letrada de Jorge Castro Díaz, fronte á entidade Diga Fonotiendas, S.L. e José Antonio Ferreiro Dapia, en situación procesual de rebeldía, vistos o seguintes,

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Castro Rei, en nome e representación de Banco Santander, S.A., fronte á entidade Diga Fonotiendas, S.L. e José Antonio Ferreiro Dapia, en situación procesual de rebeldía, e debo declarar o dereito da demandante a percibir as cantidades reclamadas por principal, xuros e custas, e condeno os demandados a lle aboar solidariamente á demandante a cantidade de 11.167,10 euros de principal, máis os xuros de demora pactados ao 1,500% mensual e devengados desde a data de peche da conta (23.6.2010) ata o completo pagamento do principal, con imposición aos demandados das custas causadas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de apelación, que se deberá preparar no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación, debendo acreditar ter consignado o depósito de 50 euros na oportuna entidade de crédito e na conta de depósitos e consignacións aberta a nome do xulgado, conforme establece a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro, pola que se modifica a Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.

Así o acordo, mando e asino. M.ª Estefanía Cambón Rodríguez. Maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña».

E encontrándose o demandado, José Antonio Ferreiro Dapia, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

A Coruña, 16 de decembro de 2011.

A secretaria xudicial