Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2012 Páx. 3170

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3628/2011 JS).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección 1 desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3628/2011 JS desta sección, seguido por instancia de Indra Sistemas, S.A. e Indra Software Labs., S.L. contra a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a empresa Sitel Ibérica Teleservices, S.A., Electrónica Noroeste, S.L., Electrónica Noroeste Servizos Xerais, S.L. (Distel Galicia, S.L.), Altia Consultores, S.L., Juan Carlos Souto Farto, o Ministerio Fiscal, Distel Galicia, S.L., a Axencia Galega de Emerxencias-Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia (Axega), sobre despedimento disciplinario, ditouse resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Fallamos que, rexeitando os recursos de suplicación interpostos pola representación letrada das empresas Indra Sistemas, S.A. e Indra Software Labs., S.L. contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 dos de Santiago de Compostela, en proceso por despedimento promovido por Juan Carlos Souto Farto, fronte ás citadas empresas recorrentes e as tamén demandadas Altia Consultores, S.L. e Sitel Ibérica Teleservices, S.A., debemos confirmar e confirmamos a dita sentenza, con imposición ás recorrentes das custas causadas polos seus respectivos recursos, que incluirán a cantidade de 300 €, por cada unha, en concepto de honorarios do letrado da parte impugnante.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste TSX de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta Sala do Social dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala aberta en Banesto co n.º 1552, debendo indicar no campo concepto: «recurso», seguido do código «35 Social casación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separado por un espazo, o código «35 Social casación». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida e utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lles sirva de notificación en legal forma a Electrónica Noroeste, S.L. e Distel Galicia, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no DOG. Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Na Coruña o 10 de xaneiro de 2012.

A secretaria xudicial