Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2012 Páx. 3163

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as puntuacións provisionais dos participantes admitidos no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de veterinarios, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 22 de xullo de 2011.

Convocado o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de veterinarios, á vista da proposta do 12 de xaneiro de 2012, da comisión encargada de valorar os méritos alegados polos concursantes, e de conformidade coa base VII.5 da convocatoria, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas as relacións coas puntuacións provisionais dos concursantes admitidos para cada un dos postos solicitados. Estas relacións atópanse á disposición dos interesados no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) na epígrafe Función Pública.

Segundo. Os interesados poderán formular reclamación contra as puntuacións provisionais no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2012.

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública