Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2012 Páx. 3164

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 5 de xaneiro de 2012 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 9 de novembro de 2011.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, pola Orde do 9 de novembro de 2011 (Diario Oficial de Galicia número 224, do 23 de novembro), de conformidade co disposto no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 17.4 do referido decreto lexislativo.

Esta consellería

dispón:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 9 de novembro de 2011 (Diario Oficial de Galicia número 224, do 23 de novembro).

Segundo. Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, e seleccionar a persoa que se relaciona no anexo desta orde.

Terceiro. O cesamento no destino actual da persoa que obtivo praza producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente a persoa preste servizos, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e o disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas, que, se é o caso, lle fosen concedidas á dita persoa. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. O xefe do centro en que cause baixa a persoa seleccionada, así como o daquel en que obteña destino consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no número anterior, as correspondentes dilixencias de cesamentoe e toma de posesión.

Quinto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2012.

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Apelidos e nome: Concheiro Ceide, César.

NRP: 3277347246 A2060.

Subgrupo: A1.

Denominación do posto de traballo: Xefatura do Servizo de Mobilidade.

Código do posto de traballo: MA.C99.10.007.15001.001.

Centro directivo: xefatura territorial.

Localidade: A Coruña.

Corpo/escala: xeral/especial.

Nivel: 28.

Complemento específico: 14.604,66 €.