Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2012 Páx. 3161

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2012, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia, subgrupo C2.

Na sesión que tivo lugar o día 11 de xaneiro de 2012, o tribunal nomeado pola Orde do 16 de novembro de 2011 (DOG número 221, do 18 de novembro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 21 de xullo de 2011 (DOG número 142, do 26 de xullo), e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Anular, con base nas alegacións presentadas, a pregunta número 3, que pasa a ser substituída pola pregunta de reserva número 91.

Segundo. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións e alegacións presentadas.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Cuarto. De acordo co establecido nas bases II.1.1.1 e II.1.2.7 da orde da convocatoria, superaron o primeiro exercicio polo sistema de acceso xeral os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez (10) puntos, fixándose en sesenta e dúas (62) o número de respostas correctas e unha vez feitas as deducións previstas na citada base II.1.1.1.

Quinto. Para a cota específica da base I.1.1, acceso reservado a persoas con discapacidade, e de acordo co establecido nas bases II.1.1.1 e II.1.2.7 da orde da convocatoria, superaron o primeiro exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez (10) puntos, fixándose en cincuenta e tres (53) o número de respostas correctas e unha vez feitas as deducións previstas na citada base II.1.1.1.

Sexto. Realizar os trámites oportunos para publicar as puntuacións obtidas polos/las aspirantes que se presentaron ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia, subgrupo C2, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Sétimo. Que, de acordo co disposto na base II.1.2.8 da orde da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo. De acordo coa base II.1.1.3 da orde da convocatoria, os/as aspirantes que superen o primeiro exercicio deberán presentar no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación no DOG desta resolución, os documentos, orixinais ou fotocopias compulsadas, que xustifiquen a exención de realizar o terceiro exercicio do proceso selectivo.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2012.

Alfonso Blasco García
Presidente do tribunal