Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2012 Páx. 2908

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xinzo de Limia

ANUNCIO de convocatoria de praza de letrado.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 295, de data 30.12.2011, o Concello de Xinzo de Limia publicou integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover unha praza de letrado, funcionario de carreira, grupo A, subgrupo A1, mediante o sistema de concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos nos boletíns oficiais correspondentes e nos lugares indicados nas bases.

Xinzo de Limia, 12 de xaneiro de 2012.

Antonio Pérez Rodríguez
Alcalde