Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2012 Páx. 2909

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO relativo á aceptación da delegación de competencias en materia de instrución de expedientes sancionadores acordada polo Concello de Ordes.

A Deputación Provincial da Coruña, na sesión plenaria ordinaria que tivo lugar o día 28 de xaneiro de 2011, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«22. Aceptar a delegación de competencias en materia de instrución dos expedientes sancionadores por denuncias cursadas polo concello por infracción das normas sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria acordada polo concello de Ordes.

Aceptar a delegación de competencias en materia de instrución dos expedientes sancionadores por denuncias cursadas polo concello por infracción das normas sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria acordada polo concello de Ordes.

O exercicio das competencias delegadas obxecto de aceptación, levarase a cabo nos termos establecidos nas bases e terá efectos desde o momento no que se publique este acordo no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, conforme o establecido no artigo 7 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo».

O que se fai público para xeneral coñecemento.

A Coruña, 14 de decembro de 2011.

Diego Calvo Pouso José Luis Almau Supervía
Presidente da Deputación Provincial Secretario da Deputación Provincial
da Coruña da Coruña