O Pleno desta corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o 25 de novembro de 2011, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
«38. Aceptación da ampliación das delegacións de competencias tributarias do Concello de Frades en materia de xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva da taxa pola utilización privativa ou aproveitamentos especiais constituídos no solo, subsolo ou voo das vías públicas.
Aceptar a ampliación das competencias delegadas en materia tributaria acordada polo Concello de Frades en relación coa seguinte materia:
Xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva da taxa pola utilización privativa ou aproveitamentos especiais constituídos no solo, subsolo ou voo das vías públicas a favor de empresas explotadoras de servizos de subministración de interese xeral. A xestión obxecto de delegación afectará tanto o suposto xeral do artigo 24 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, baseado no 1,5% dos ingresos brutos obtidos no termo municipal, como no suposto especial da telefonía móbil.
O exercicio das competencias delegadas obxecto de aceptación levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación dos servizos tributarios aos concellos da provincia e terá efectos desde o día en que se publique este acordo no Boletín Oficial da provincia conforme o establecido no artigo 7 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo».
O que se fai público para xeral coñecemento.
A Coruña, 19 de decembro de 2011.
María Padín Fernández José Luis Almau Supervía
O presidente/PDFR 5.8.2011/ Secretario da Deputación
A vicepresidenta 2.ª Provincial da Coruña