Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2012 Páx. 2911

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO de aceptación da ampliación das delegacións de competencias tributarias do Concello de Negreira en materia de xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva da taxa pola ocupación do subsolo, solo e voo da vía pública.

O Pleno desta corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o 25 de novembro de 2011, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«39. Aceptación da ampliación das delegacións de competencias tributarias do Concello de Negreira en materia de xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva da taxa pola ocupación do subsolo, solo e voo da vía pública.

Aceptar a ampliación das competencias delegadas en materia tributaria acordada polo Concello de Negreira en relación coa seguinte materia:

Xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva da taxa por ocupación do subsolo, solo e voo da vía pública a favor de empresas explotadoras de servizos de subministracións que afecten a xeneralidade ou unha parte importante da veciñanza, a que se refire o artigo 3, último paragrafo da vixente ordenanza fiscal.

O exercicio das competencias delegadas obxecto de aceptación levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación dos servizos tributarios aos concellos da provincia e terá efectos desde o día en que se publique este acordo no Boletín Oficial da provincia conforme o establecido no artigo 7 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo».

O que se fai público para xeral coñecemento.

A Coruña, 19 de decembro de 2011.

María Padín Fernández José Luis Almau Supervía
O presidente/PDFR 5.8.2011/ Secretario da Deputación
A vicepresidenta 2.ª Provincial da Coruña