Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2012 Páx. 2912

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO de aceptación da ampliacion das delegacións de competencias tributarias do Concello de Ponteceso en materia de xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva da taxa pola utilizacion privativa ou aproveitamentos especiales constituídos no solo, subsolo ou voo das vías públicas.

O Pleno desta corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o 25 de novembro de 2011, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«40. Aceptación da ampliación das delegacións de competencias tributarias do Concello de Ponteceso en materia de xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva da taxa pola utilización privativa ou aproveitamentos especiais constituídos no solo, subsolo ou voo das vías públicas.

Aceptar a ampliación das competencias delegadas en materia tributaria acordada polo Concello de Ponteceso en relación coa seguinte materia:

Xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva da taxa pola utilización privativa ou aproveitamentos especiais constituídos no solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais a favor de empresas explotadoras de servizos de subministracións de interese xeral. A xestión obxecto de delegación afectará tanto o suposto xeral do artigo 24 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, baseado no 1,5% dos ingresos brutos obtidos no termo municipal, como ao suposto especial da telefonía móbil.

O exercicio das competencias delegadas obxecto de aceptación levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación dos servizos tributarios aos concellos da provincia e terá efectos desde o día en que se publique este acordo no Boletín Oficial da provincia conforme o establecido no artigo 7 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo».

O que se fai público para xeral coñecemento.

A Coruña, 19 de decembro de 2011.

María Padín Fernández José Luis Almau Supervía
O presidente/PDFR 5.8.2011/ Secretario da Deputación
A vicepresidenta 2.ª Provincial da Coruña