Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2012 Páx. 2907

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xinzo de Limia

ANUNCIO de praza de administrativo.

Resolución da Alcaldía con data do 13 de decembro de 2011, do Concello de Xinzo de Limia, provincia de Ourense, referente á convocatoria para prover un praza de administrativo para o Concello de Xinzo de Limia, por promoción interna, mediante concurso-oposición.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 295, con data do 29 de decembro de 2011 e corrección de erros no Boletín Oficial da provincia de Ourense número 8, con data do 11 de xaneiro de 2012, o Concello de Xinzo de Limia publicou integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover unha praza de administrativo para o Concello de Xinzo de Limia, por promoción interna, mediante concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos nos boletíns oficiais correspondentes e nos lugares indicados nas bases.

Xinzo de Limia, 12 de xaneiro de 2012.

Antonio Pérez Rodríguez
Alcalde