Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2012 Páx. 2906

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salvaterra de Miño

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza municipal para actividade de restauración e repoboación da canteira de Alxén.

Óscar José González Gil, en nome e representación de Reciclados Xinzo, S.L.U., solicitou licenza municipal para a actividade de restauración e repoboación da canteira de Alxén, que se sitúa na Fraga do Rei, na parroquia de Alxén. De conformidade co establecido no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, ábrese un trámite de información pública mediante inserción de anuncio no BOP de Pontevedra, no DOG e no taboleiro de edictos do concello, por período de vinte días hábiles contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio no último dos boletíns en que apareza, co fin de que durante este tempo poidan examinar o expediente, na secretaría municipal, todos aqueles interesados que se consideren afectados pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que estimen oportunas.

Salvaterra de Miño, 2 de novembro de 2011.

Arturo Grandal Vaqueiro
Alcalde