Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2012 Páx. 2905

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO de apertura de oficinas e taller para mantemento e reparación de aspas de aeroxeradores.

Sálvora Vento, S.L. solicitou unha licenza municipal para a instalación e apertura dunha nave, situada na rúa «H» (nave 39) do parque empresarial de Alvedro da parroquia de Almeiras, que se destinará a oficinas e taller para mantemento e reparación de aspas de aeroxeradores. O expediente sométese a información pública durante un prazo de 20 días, segundo o que establece o artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo na secretaría do concello e formular por escrito as reclamacións ou observacións que estimen oportunas.

Culleredo, 18 de novembro de 2011.

P.D. (Resolución 22.6.2011, BOP n.º 131, do 11 de xullo)
Diego Antonio Taibo Monelos
Concelleiro delegado da Área de Urbanismo