Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2012 Páx. 2903

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 22 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a resolución de desistencia de petición do 30 de setembro de 2011, de axuda polo establecemento como traballador/a autónomo/a ou por conta propia, reguladas na Orde do 17 de marzo de 2011, relativa aos expedientes TR341D 2011/204-2 e TR341D 2011/205-2.

Intentada a notificación deste acordo, segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE n.º 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figuran como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber que pon fin á vía administrativa e que contra esta cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, ante esta xefatura territorial da Consellería de Traballo e Benestar, todo iso de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, n.º 70 baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 22 de decembro de 2011.

Antonio Dacal López
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

N.º de expediente: TR341D 2011/204-2.

Nome: Yamid Sebastíán Henao Ortiz.

DNI/NIF: X4341883-N.

Último enderezo coñecido: r/ Curros Enríquez, 15, entresollado B, 27003 Lugo.

Asunto: subvención polo establecemento como traballador autónomo.

Contido da resolución: desistencia de petición da solicitude.

N.º de expediente: TR341D 2011/205-2.

Nome: Yamid Sebastián Henao Ortiz.

DNI/NIF: X4341883-N.

Último enderezo coñecido: r/ Curros Enríquez, 15, entresollado B, 27003 Lugo.

Asunto: subvención polo establecemento como traballador autónomo.

Contido da resolución: desistencia de petición da solicitude.