Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2012 Páx. 2899

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia a contratación suxeita a regulación harmonizada, por procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de limpeza do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade Psíquica (CAPD) de Sarria (Lugo).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial de Lugo.

c) Obtención de documentación e información:

1.º Dependencia: Xefatura Territorial de Lugo.

2.º Enderezo: rolda da Muralla, 70, baixo.

3.º Localidade e código postal: Lugo 27071.

4.º Teléfono: 982 29 41 01.

5.º Fax: 982 29 49 74.

6.º Enderezo da internet do perfil de contratante: www.contratosdegalicia.es

7.º Data límite da obtención da documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas.

d) N.º de expediente: 10/2012.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: contratación do servizo de limpeza do CAPD de Sarria (Lugo).

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución: CAPD, rúa Ánxel Rodríguez Castedo s/n, 27600 Sarria.

e) Prazo de execución: 2 anos.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 90911200.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: ver prego.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: douscentos vinte e tres mil douscentos euros (223.200,00 euros).

IVE (18%): corenta mil cento setenta e seis euros (40.176,00 euros).

Importe total: douscentos sesenta e tres mil trescentos setenta e seis euros (263.376,00 euros).

5. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5% do importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo U, subgrupo 1, categoría A.

b) Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas e de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 31 de xaneiro de 2012.

b) Modalidade de presentación: as ofertas pódense presentar en man ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

c) Lugar de presentación:

1.º Dependencia: rexistro xeral do edificio administrativo da Xunta de Galicia de Lugo.

2.º Enderezo: rolda da Muralla, 70, baixo.

3.º Localidade e código postal: Lugo, 27071.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas:

a) Entidade: xefatura territorial.

b) Enderezo: rolda da Muralla, 70, baixo.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: oitavo día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación das ofertas.

e) Hora: ás 10.00 horas.

9. Gastos de publicidade: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

10. Outras informacións: ver os pregos.

Lugo, 23 de decembro de 2011.

P.D. (Orde 19.8.2009)
Antonio Dacal López
Xefe territorial de Lugo