Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2012 Páx. 2880

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (955/2008).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial do Reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que na demanda 955/2008 seguida neste xulgado se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do seguinte teor literal:

«Na Coruña o trece de decembro de dous mil once. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada-xuíza substituta do Reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña e o seu partido, estes autos de xuízo n.º 955/2008 seguidos por instancia de Pedro Hernández Cabado, representado polo letrado Sr. Güemez Abad, contra a empresa Promuel, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece; a litis versa sobre reclamación de salarios.

Resolvo que, estimando integramente a demanda formulada por Pedro Hernández Cabado, representado polo letrado Sr. Güemez Abad, contra a empresa Promuel, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboar ao demandante a suma de 8.342,13 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo condenar e condeno subsidiariamente o Fogasa a responder de tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que carece de recurso en atención á súa contía (artigo 189.1 LPL), polo que unha vez notificada quedará firme en dereito».

E, para que sirva de notificación en legal forma á entidade Promuel, S.L., en ignorado paradoiro, expido esta para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia na Coruña o 27 de decembro de 2011.

A secretaria xudicial