Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2012 Páx. 2879

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (972/2008).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial do Reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que na demanda 972/2008 seguida neste xulgado se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do seguinte teor literal:

«Na Coruña, o trece de decembro de dous mil once. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada-xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 Reforzo da Coruña e o seu partido, estes autos de xuízo n.º 972/2008 seguidos por instancia de Verónica Vázquez Varela, representada polo letrado Sr. Pena Díaz, contra a empresa Jesús Ángel Gómez Sanjiao, en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece; a litis versa sobre reclamación de salarios.

Resolvo que, estimando integramente a demanda formulada por Verónica Vázquez Varela, representada polo letrado Sr. Pena Díaz, contra a empresa Jesús Ángel Gómez Sanjiao, en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a suma de 997,28 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo condenar e condeno subsidiariamente o Fogasa a responder de tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores. Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que carece de recurso en atención á súa contía (artigo 189.1 LPL), polo que unha vez notificada quedará firme en dereito».

E para que sirva de notificación en legal forma a Jesús Ángel Gómez Sanjiao, en ignorado paradoiro, expido esta para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia na Coruña o 27 de decembro de 2011.

A secretaria xudicial