Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2012 Páx. 2871

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (71/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial do Reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que na demanda 71/2009 seguida neste xulgado se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do seguinte teor literal:

«Na Coruña o vinte e cinco de novembro de dous mil once. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo n.º 71/2009 seguidos por instancia de José Arias Arias e Jesús Costa Cotelo, representados polo letrado Sr. Nogueira Esmorís, contra as empresas Pérez y Verdiñas Asociados, S.L., e Nao Residenciales, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece; a litis versa sobre reclamación de salarios.

Resolvo que, estimando integramente a demanda formulada por José Arias Arias e Jesús Costa Cotelo, representados polo letrado Sr. Nogueira Esmorís, contra as empresas Pérez y Verdiñas Asociados, S.L., e Nao Residenciales, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno as codemandadas a aboar a José Arias Arias a cantidade de 5.525 euros, e a Jesús Costa Cotelo a cantidade de 8.500 euros, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo condenar e condeno subsidiariamente o Fogasa a responder de tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 ET. Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a notificación desta sentenza, do que coñecerá, se é o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establecen o artigo 188 e seguintes do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril, pasados os cales quedará firme e procederase ao seu arquivo».

E para que sirva de notificación en legal forma ás entidades Pérez y Verdiñas Asociados, S.L., e Nao Residenciales, S.L., en ignorado paradoiro, expido esta para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia na Coruña o 15 de decembro de 2011.

A secretaria xudicial