Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2012 Páx. 2870

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (86/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial do Reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que na demanda 86/2009 seguida neste xulgado se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do seguinte teor literal:

«Na Coruña o vinte e cinco de novembro de dous mil once. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada-xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 Reforzo da Coruña e o seu partido, estes autos de xuízo n.º 86/2009 seguidos por instancia de José Castro Veira, representado polo letrado Sr. Páramo Sureda, contra a empresa Pol y Blanco, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece; a litis versa sobre reclamación de salarios.

Resolvo que, estimando integramente a demanda formulada por José Castro Veira, representado polo letrado Sr. Páramo Sureda, contra a empresa Pol y Blanco, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a suma de 1.216,67 euros incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo condenar e condeno subsidiariamente o Fogasa a responder de tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores. Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que carece de recurso en atención á súa contía (artigo 189.1 LPL), polo que unha vez notificada quedará firme en dereito».

E para que sirva de notificación en legal forma á entidade Pol y Blanco, S.L., en ignorado paradoiro, expido esta para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia na Coruña, 15 de decembro de 2011.

A secretaria xudicial