Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2012 Páx. 2893

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Barro (expediente IN407A 2011/344-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T.A., L.M.T.S. e C.T. San Antoniño.

Situación: Barro.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con condutor tipo LA-56 de 47 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente e final no apoio proxectado HVH-1600/15 do cal continúa subterránea, con condutor tipo R.H.Z., 238 metros finalizando no C.T. proxectado. Centro de transformación de 630 kVA, R.T. 20 kV/400-230 V, situado en San Antoniño, Barro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, edificio administrativo avda. Fernández Ladreda  3, 5.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 26 de decembro de 2011.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra