Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2012 Páx. 2643

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2011 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Tecnoloxías para a Protección do Patrimonio Cultural Inmoble.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA) e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 22 de xaneiro de 2010 (publicado no BOE do 26 de febreiro de 2010 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 9 de febreiro de 2010).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e, neste caso, no Diario Oficial de Galicia (DOG); do primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas; e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Tecnoloxías para a Protección do Patrimonio Cultural Inmoble pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 19 de decembro de 2011.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Máster universitario en Tecnoloxías para a Protección
do Patrimonio Cultural Inmoble

Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura.

Universidades participantes: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorios

36

Optativos

9

Prácticas externas

9

Traballo fin de máster

6

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e distribución temporal do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Tecnoloxías CAD para a Representación do Patrimonio

3

Obrigatorio

Tecnoloxías para o Inventario e Documentación

Tecnoloxías para a Documentación Xeoespacial do Patrimonio

3

Obrigatorio

Tecnoloxías para o Modelado Virtual do Patrimonio

3

Obrigatorio

Técnicas de Prospección do Subsolo Superficial

Obrigatorio

Tecnoloxías SIX para o Inventario do Patrimonio

3

Obrigatorio

Valor e Significado do Patrimonio Cultural

3

Obrigatorio

Caracterización e Diagnóstico

Técnicas de Caracterización do Ben Inmoble

6

Obrigatorio

Materiais e Técnicas Construtivas. Deterioración e Patoloxías

6

Obrigatorio

Aspectos Legais e Éticos da Intervención en Inmobles

3

Obrigatorio

Intervención

Procedementos Administrativos e Lexislación Patrimonial

3

Obrigatorio

Novas Tecnoloxías e Criterios para a Estabilización de Estruturas Arquitectónicas e Arqueolóxicas

3

Optativo

Novas Tecnoloxías para o Tratamento de Superficies

3

Optativo

Catálogos, Cartas e Mapas de Risco. Experiencias e Novedades

3

Optativo

Protección Preventiva, Xurídica e Administrativa

3

Optativo

Intervencións de Conxunto

3

Optativo

Difusión Directa: Criterios e Técnicas para a Exhibición e Musealización

3

Optativo

Difusión Indirecta do Patrimonio

3

Optativo

Prácticas Externas en Empresas

9

Obrigatorio

Prácticum

Traballo fin de máster

6

Obrigatorio

Para a obtención do título de máster universitario en Tecnoloxías para a Protección do Patrimonio Cultural Inmoble o alumnado deberá superar os 54 ECTS obrigatorios e 6 CTS optativos.