Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2012 Páx. 2640

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2011 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Teoría do Sinal e Comunicacións.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA) e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 22 de xaneiro de 2010 (publicado no BOE do 26 de febreiro de 2010 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 9 de febreiro de 2010).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e, neste caso, no Diario Oficial de Galicia (DOG); do primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas; e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Teoría do Sinal e Comunicacións pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 19 de decembro de 2011.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Teoría do Sinal e Comunicacións

Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura.

Universidades participantes: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

0

Optativas

45

Prácticas externas

0

Traballo fin de máster

15

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e distribución temporal do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Métodos de Simulación de Sinais Aleatorias

5

Optativo

Submódulo A: Procesado Estatístico de Sinais

I. Fundamentos de Procesado de Sinal e Comunicacións

Procesado Estatístico de Sinal e Técnicas Bootstrap

5

Optativo

Recoñecemento Estatístico de Patróns e Redes Neuronais

5

Optativo

Tratamento de Sinal en Comunicacións

5

Optativo

Submódulo B: Procesado de Sinal en Comunicacións Dixitais

Filtrado Adaptativo

5

Optativo

Sistemas Multiportadora

5

Optativo

Predición de Cobertura para Sistemas de Radiodifusión

5

Optativo

Submódulo C: Modelado da Canle de Comunicación

Procedementos de Medida do Campo Electromagnético

5

Optativo

Antenas para Sistemas de Comunicación e Radar

5

Optativo

Procesado Dixital Avanzado de Voz

5

Optativo

Submódulo A: Aplicacións en Interacción Home-Máquina

II. Aplicacións Multidisciplinares

Recoñecemento de Fala

5

Optativo

Recoñecemento Biométrico

5

Optativo

Sistemas Avanzados de Comunicacións

5

Optativo

Submódulo B: Aplicacións en Comunicacións Dixitais Avanzadas

Seguridade Multimedia

5

Optativo

Visión Artificial

5

Optativo

Submódulo C: Aplicacións en Imaxe e Radar

Teledetección: Fundamentos e Aplicacións

5

Optativo

Traballo fin de máster

15

Obrigatorio

III. Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Teoría do Sinal e Comunicacións, o alumnado deberá superar un total de 60 ECTS distribuídos da seguinte forma: 25 ECTS do módulo I segundo as condicións marcadas para cada itinerario:

– Itinerario «Procesado Estatístico de Sinais»: o alumnado ten que matricularse obrigatoriamente de todas as materias do submódulo A (15 ECTS) e dun total de 10 ECTS para escoller entre os submódulos B e C.

– Itinerario «Procesado de Sinais en Comunicacións Dixitais»: o alumnado ten que matricularse obrigatoriamente de todas as materias do submódulo B (15 ECTS) e dun total de 10 ECTS para escoller entre os submódulos A e C.

– Itinerario «Modelado da Canle de Comunicación»: o alumnado ten que matricularse obrigatoriamente de todas as materias do submódulo C (15 ECTS) e dun total de 10 ECTS para escoller entre os submódulos A e B.

Ademais deberá superar 20 ECTS para escoller entre as materias ofertadas no módulo II e o resto de materias que non cursase no módulo I e, por último, 15 ECTS do traballo fin de máster.