Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2012 Páx. 2645

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2011 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Sistemas Software Intelixentes e Adaptables.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA) e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 12 de novembro de 2010 (publicado no BOE do 16 de decembro de 2010 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 22 de novembro de 2010).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e, neste caso, no Diario Oficial de Galicia (DOG); do primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas; e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Sistemas Software Intelixentes e Adaptables pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 19 de decembro de 2011.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Máster universitario en Sistemas Software Intelixentes e Adaptables

Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura.

Universidades participantes: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorios

21

Optativos

30

Prácticas externas

0

Traballo fin de máster

9

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e distribución temporal do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Teoría de Grafos

6

Obrigatorio

I. Algoritmia Avanzada

Transformadas

6

Obrigatorio

Optimización e Busca

6

Obrigatorio

Codificación da Información

6

Optativo

II. Teoría da Información

Modelado, Análise e Representación da Información

6

Optativo

Redes Neuronais

6

Optativo

III. Representación do Coñecemento

Conxuntos Aproximados

6

Optativo

Lóxica Borrosa

6

Optativo

IV. Análise do Coñecemento

Algoritmos Xenéticos

6

Optativo

Bioinformática

6

Optativo

Submódulo I: Intelixencia

V. Especialización

Métodos de Clasificación

6

Optativo

Axentes Intelixentes e Sistemas Multiaxente

6

Optativo

Recuperación de Información Baseada en Contido

6

Optativo

Sistemas de Razoamento Baseado en Casos

6

Optativo

Planificación de Sistemas de Información

6

Optativo

Submódulo II: Adaptabilidade

Procesamento de Imaxes

6

Optativo

Técnicas de Interacción Home-Máquina Baseadas en Linguaxe Natural

6

Optativo

Recuperación de Información en Sinais de Audio

6

Optativo

Tecnoloxía de Obxectos

6

Optativo

Introdución asTécnicas e Tecnoloxías de Investigación

3

Obrigatorio

VI. Investigación en Software Intelixente e Adaptable

Traballo fin de máster

9

Obrigatorio

VII. Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Sistemas Software Intelixentes e Adaptables, o alumnado deberá superar 30 ECTS obrigatorios e 30 ECTS optativos, dos cales 12 ECTS corresponden a un dos módulos II, III ou IV, e os 18 ECTS restantes a materias ofertadas nos submódulos I e II (escollendo 12 ECTS como máximo de cada submódulo).