Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2012 Páx. 2647

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2011 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Biodiversidade e Ecosistemas.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA) e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 12 de novembro de 2010 (publicado no BOE do 16 de decembro de 2010 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 22 de novembro de 2010).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e, neste caso, no Diario Oficial de Galicia (DOG); do primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas; e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Biodiversidade e Ecosistemas pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 19 de decembro de 2011.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Máster universitario en Biodiversidade e Ecosistemas

Rama de coñecemento: Ciencias.

Universidades participantes: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorios

12

Optativos

30

Prácticas externas

0

Traballo fin de máster

18

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e distribución temporal do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Ferramentas Básicas para a Redacción de Traballos Científicos: Principios de Nomenclatura, Ferramentas Bibliográficas e Redacción de Traballos Científicos

3

Obrigatorio

Ferramentas Básicas para a Investigación Científica

Método Científico en Ecoloxía e Ciencias Afíns

3

Obrigatorio

Deseño Experimental e Tratamento de Datos

3

Obrigatorio

Métodos e Técnicas para a Depuración e Procesado de Datos de Experimentación

3

Obrigatorio

Diversidade, Adaptacións Morfolóxicas e Pautas de Comportamento en Animais Mariños

3

Optativo

Diversidade Biolóxica

Biodiversidade de Fauna Bentónica Mariña

3

Optativo

Ecoloxía Larvaria de Invertebrados Mariños

3

Optativo

Ecosistemas Costeiros

3

Optativo

Biodiversidade do Solo

3

Optativo

Diversidade de Parasitos Mariños

3

Optativo

Interaccións Mutualistas Animal-Planta

3

Optativo

Interacción entre Organismos e Ambiente

Relacións entre Organismos Mariños e o Ambiente: os Cefalópodos como Modelo de Estudo

3

Optativo

Métodos para o Estudo de Estratexias Vitais

3

Optativo

Aproximación Teórico-Práctica á Ecoloxía Funcional de Sistemas Fluviais

3

Optativo

Adaptación Anatómica a Ambientes Extremos

3

Optativo

Redes Tróficas en Ambientes Mariños

3

Optativo

A Relación entre as Plantas e os seus Herbívoros

3

Optativo

Diversidade Vexetal de Tipos Funcionais. Adaptacións Ecofisiolóxicas ao Estrés

3

Optativo

Humedais Costeiros: Vexetación e Procesos Bioxeoquímicos

3

Optativo

Xestión de Ecosistemas Dulceacuícolas: Uso de Bioindicadores

3

Optativo

Xestión e Conservación de Espazos e Especies

Bioindicación e Biomonitorización

3

Optativo

Ecotoxicología Mariña

3

Optativo

Conservación e Restauración da Diversidade Biolóxica

3

Optativo

Biotratamento de Residuos Orgánicos

3

Optativo

Métodos de Análise Espacial

3

Optativo

Bioloxía e Conservación de Especies de Plantas Ameazadas

3

Optativo

Impacto Ambiental dos Incendios Forestais

3

Optativo

Contaminación do Solo

3

Optativo

Estratexias de Manexo Sustentable do Solo

3

Optativo

As Dimensións do Cambio Global

3

Optativo

Cambio Global

Aproximacións Experimentais ao Estudo do Cambio Global

6

Optativo

Interacción do Cambio Climático co Metabolismo Secundario Vexetal

3

Optativo

Dinámica Paleoecolóxica dos Ecosistemas Continentais e Costeiros en Relación co Clima e as Actividades Humanas

3

Optativo

Traballo Fin de Máster

18

Obrigatorio

Traballo Fin de Máster

Para a obtención do título de máster universitario en Biodiversidade e Ecosistemas o alumnado deberá superar 30 ECTS obrigatorios e 30 ECTS optativos.