Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2012 Páx. 2650

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2012, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros de camiños, canais e portos, convocado pola Orde do 27 de xullo de 2011 (DOG número 144, do 28 de xullo), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 9 de xaneiro de 2012, o tribunal nomeado pola Orde do 17 de novembro de 2011, modificada pola Orde do 12 de decembro, para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros de camiños, canais e portos, acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da fase de oposición terá lugar o día 22 de febreiro de 2012, na Facultade de Dereito de Santiago de Compostela, no salón de actos, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal, lapis do n.º 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2012.

Gerardo Pallares Sánchez
Presidente do tribunal