Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2012 Páx. 2701

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Redondela

ANUNCIO de contrato de mantemento de servizos informáticos.

Aprobado mediante Resolución da Alcaldía do 22 de decembro de 2011 o prego de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas que rexerán na licitación, mediante procedemento aberto, para contratar o servizo de asistencia técnica informática de hardware, software e xestión das redes e seguridade de datos do Concello de Redondela, faise público, para os efectos de presentación de proposicións e ofertas polos licitadores interesados o seguinte anuncio:

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Redondela. Dependencia: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato: prestación do servizo de asistencia técnica informática de hardware, software e xestión das redes e seguridade de datos do concello.

Lugar de execución: Redondela (Pontevedra).

Prazo de execución: dous (2) anos, que se poderán prorrogar por outros dous períodos dun (1) ano sen que a duración total do contrato, incluídas as posibles prórrogas, poida exceder os catro (4) anos.

3. Tramitación e procedemento:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Garantía provisional: non se exixe.

5. Garantía definitiva: 5% do importe de adxudicación, IVE excluído, referido aos dous primeiros anos de contrato.

6. Obtención da documentación e información: oficina de Contratación do Concello de Redondela; planta baixa da casa do concello. Alfonso XII, 2 de Redondela; teléfono (986) 40 03 00, fax: (986) 40 38 94.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non.

Deberase acreditar a solvencia económica, financeira e técnica na forma prevista na cláusula 5.ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Orzamento base de licitación: 112.000,00 euros, IVE excluído, tendo en conta a duración total do contrato incluíndo a súa posible prórroga, a razón de 28.000,00 euros, IVE excluído, para o primeiro ano.

9. Presentación de ofertas: prazo: quince (15) días naturais desde o seguinte ao da última publicación do anuncio no BOP, no DOG ou no perfil do contratante. Se o último día do prazo coincidise en sábado ou día inhábil, o prazo entenderase prorrogado ata o seguinte día hábil.

Documentación: a exixida na cláusula 10.ª do prego de cláusulas administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Redondela, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Prazo da obriga de manter a oferta: tres meses contados desde o día da apertura de proposicións.

10. Apertura de ofertas: data e hora: 14.00 horas do terceiro día hábil seguinte á data en que conclúe o prazo de presentación (agás sábados).

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario ata un máximo de 1.800,00 euros.

12. Páxina web para a obtención de información: www.redondela.es

Redondela, 22 de decembro de 2011.

Javier Bas Corugeira
Alcalde