Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2012 Páx. 2700

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de solicitude de licenza municipal para acondicionamento dunha nave destinada a taller de vehículos industriais.

Solicitada neste Concello por Camiones Gestión Stock Santiago, S.L., con CIF B-70310479, unha licenza de actividade e acondicionamento dunha nave industrial destinada a taller de vehículos industriais, na rúa Curros Enríquez, n.º 12, parque empresarial de Sigüeiro, tramítase o expediente de licenza da dita actividade.

En cumprimento do artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, procédese a abrir período de información pública polo termo de vinte días desde a inserción deste anuncio no DOG e no BOP, para que quen se vexa afectado de algún xeito por esa actividade presente as observacións que considere pertinentes.

De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio deste anuncio comunícaselles aos interesados aos cales non sexa posible notificar persoalmente, que están notificados para todos os efectos, e que teñen un prazo de 20 días contados a partir do día seguinte ao da notificación para alegar o que consideren oportuno.

O expediente obxecto desta información atópase depositado nas dependencias deste Concello (UR-106/2011), e poderase consultar durante o horario de oficina.

Oroso, 15 de decembro de 2011.

Manuel Mirás Franqueira
Alcalde presidente