Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2012 Páx. 2703

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Teo

ANUNCIO de información pública sobre cambio de localización dun depósito de GLP (expediente AP-17/2011).

Manuel Iglesias García, en representación de Pastelería Suevia, S.L. (expediente AP-17/2011), tramita licenza municipal para o cambio de localización dun depósito de GLP, na rúa Clara Campoamor, n.º 5, parroquia de Cacheiras. O expediente exponse ao público durante un prazo de vinte días, segundo establece o artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, contados desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no DOG e no BOP, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

O expediente completo permanecerá exposto nos servizos urbanísticos deste concello de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Teo, 14 de decembro de 2011.

Martiño Noriega Sánchez
Alcalde