Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2012 Páx. 2689

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2011, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto multicriterio, da obra de finalización do centro de saúde das Somozas (A Coruña) (AB-SER3-12-003).

1. Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde. Subdirección Xeral de Investimentos.

2. Obra: finalización do centro de saúde das Somozas (A Coruña) (expediente AB-SER3-12-003).

3. Orzamento total sen IVE: 804.881,23 euros.

4. Orzamento total con IVE: 949.759,85 euros.

5. Prazo de execución: seis (6) meses.

6. Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo 2, categoría e.

7. Garantía provisional: non se exixe.

8. Garantía definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE.

9. Forma de tramitación: urxente e anticipado de gasto.

10. Exposición de proxectos e pregos:

Os proxectos e os pregos de cláusulas administrativas particulares poderán examinarse na copistaría Copynino, rúa Rosalía Castro, 58, 15706 Santiago de Compostela (teléfono 981 58 89 38). Tamén se poderán obter os pregos administrativos desta contratación no perfil do contratante http://www.sergas.es

11. Prazo e lugar de presentación de proposicións:

Deberán presentarse en sobres pechados, no Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade/Servizo Galego de Saúde (edificio administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela), ata o décimo terceiro día natural a partir do seguinte ao da publicación desta contratación no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 80.4 do Regulamento xeral de contratos do Estado. Cando o último día para a presentación de ofertas coincida en sábado ou en día inhábil o prazo entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

12. Documentación que deberán presentar os licitadores:

Ver prego de cláusulas administrativas particulares que rexen esta licitación.

13. Criterios de valoración:

Os definidos na cláusula 4.5 e anexos II, III e V do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe esta licitación.

14. Apertura de proposicións:

Os actos públicos de apertura dos sobres B e C terán lugar nas dependencias da Dirección de Recursos Económicos e a súa data será anunciada no perfil do contratante http://www.sergas.es.

15. Anuncios:

Os anuncios desta licitación serán por conta do adxudicatario da contratación.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2011.

Pablo Torres Arrojo
Director de Recursos Económicos