Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2012 Páx. 2691

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arzúa

ANUNCIO, por procedemento aberto, para a contratación do servizo de conservación, reparación e mantemento da luz pública do concello de Arzúa.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Arzúa.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo de conservación, reparación e mantemento da luz pública do concello de Arzúa.

b) Nomenclatura CPA-2008: 33.14.

c) Lugar de execución: Arzúa.

d) Prazo de execución: tres (3) anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: varios criterios de valoración.

4. Orzamento.

a) Orzamento de licitación: 119.700 €+21.546 € (18% de IVE)=141.246 €, coa distribución de anualidades establecida no prego de cláusulas administrativas particulares (cláusula 4).

b) Revisión de prezos: de conformidade co establecido nos artigos 89 e seguintes do texto refundido da Lei de contratos do sector público.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Departamento de Secretaría do concello e no perfil do contratante www.concellodearzua.org

b) Domicilio: rúa Santiago, n.º 2.

c) Localidade e código postal: Arzúa 15810.

d) Teléfono: 981 50 00 00-981 81 50 01.

e) Telefax: 981 50 09 14.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 14.00 horas do día en que remate o prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Acreditación da solvencia económica e financeira, solvencia técnica e profesional: polos medios sinalados na cláusula 11.3.1, epígrafe H, do prego.

8. Criterios de valoración: os sinalados na cláusula 12 do prego.

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: quince (15) días, contados desde o seguinte ao de publicación do anuncio no último dos boletíns en que apareza (DOG ou BOP).

b) Documentación que cómpre presentar: a especificada na cláusula 11.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do concello.

10. Apertura das ofertas.

A mesa de contratación, ás 10.00 horas do día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación das proposicións, abrirá a documentación presentada nos sobres A. As datas de apertura dos sobres B e C (en acto público) anunciaranse previamente no taboleiro de anuncios do concello e no perfil de contratante nos termos sinalados no correspondente prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos de publicación dos anuncios de licitación: serán por conta do adxudicatario.

Arzúa, 4 de xaneiro de 2012.

José Luis García López
Alcalde