Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2012 Páx. 2687

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2011, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato da adquisición, almacenamento, xestión e distribución da subministración sucesiva de paquetes preventivos de inxección hixiénica para os usuarios de drogas inxectables-UDI (MS-CON1-11-018).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: MS-CON1-11-018.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: adquisición, almacenamento, xestión e distribución da subministración sucesiva de paquetes preventivos de inxección hixiénica para os usuarios de drogas inxectables UDI.

c) Lote (de ser o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 33141310-6.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 497.984 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 248.992 euros. Importe total: 268.911,36 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 2.11.2011.

b) Data de formalización do contrato: 25.11.2011.

c) Contratista: Oiarso Sociedad Cooperativa Bexen, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 243.040 euros. Importe total: 262.483,2 euros.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2011.

Pablo Torres Arrojo
Director de Recursos Económicos