Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2012 Páx. 2555

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2011 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Ordenación Xurídica do Mercado.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA) e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 22 de xaneiro de 2010 (publicado no BOE do 26 de febreiro de 2010 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 9 de febreiro de 2010).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e, neste caso, no Diario Oficial de Galicia (DOG); do primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas; e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Ordenación Xurídica do Mercado pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 19 de decembro de 2011.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Ordenación Xurídica do Mercado

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.

Universidades participantes: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

54

Optativas

0

Prácticas externas

0

Traballo fin de máster

6

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e distribución temporal do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Metodoloxía e Interpretación Xurídicas

3

Obrigatorio

Régime Xurídico do Mercado e os Operadores

Obligacións e Contratos

4,5

Obrigatorio

Sociedades Mercantís

4,5

Obrigatorio

Dereito da Competencia e da Propiedade Industrial

3

Obrigatorio

Economía e Mercado: Historia Xurídica de Europa e Dereito Internacional

4

Obrigatorio

Dereito Público, Economía e Mercado

Protección Procesual dos Consumidores e Usuarios

3

Obrigatorio

Procesos de Integración Económica e Constitucional

4

Obrigatorio

Intervención Administrativa na Economía

4

Obrigatorio

Libre Circulación e Mercado

5

Obrigatorio

Dereito da Libre Circulación

Libre Circulación e Políticas Sociais

7

Obrigatorio

Principios Básicos da Fiscalidade

4

Obrigatorio

Principios e Categorías da Fiscalidade Interna e Internacional

Ordenación Tributaria do Mercado na Esfera Interna e Internacional

4

Obrigatorio

Normas Sustanciais Antifraude

4

Obrigatorio

Traballo fin de máster

6

Obrigatorio

Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Ordenación Xurídica do Mercado o alumnado deberá superar 60 ECTS obrigatorios.