Mediante Orde do 9 de maio de 2011, publicada no Diario Oficial de Galicia número 99, do 24 de maio de 2011, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
De conformidade co establecido nos artigos 17.4 e 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e demais normativa vixente,
DISPOÑO:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada pola Orde do 9 de maio de 2011 e designar o funcionario cuxos datos se sinalan no anexo desta orde para ocupar o posto que tamén se especifica.
Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.
O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario presta servizos, ou dun mes se radica en distinta localidade ou comporta o reingreso ao servizo activo, de conformidade co disposto no referido precepto e na base sétima da convocatoria.
Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa o funcionario, así como a daquel en que obteña praza, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, que serán trasladadas mediante copia á Dirección Xeral da Función Pública.
Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2012.
Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
ANEXO
NRP: 3282741335 A1122.
Subgrupo: A2.
Apelidos e nome: Vázquez Sanmartín, Alberto.
Posto de traballo: Xefatura da Sección de Apoio Técnico e Coordinación Administrativa.
Código do posto: PR.C99.00.000.15001.005.
Nivel: 25.
Complemento específico: 11.775,82.
Centro directivo: delegación territorial.
Localidade: A Coruña.