Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2012 Páx. 2553

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2011 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Investigación en Tecnoloxías e Procesos Avanzados na Industria.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA) e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros de 22 de xaneiro de 2010 (publicado no BOE do 26 de febreiro de 2010 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 9 de febreiro de 2010).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e, neste caso, no Diario Oficial de Galicia (DOG); do primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas; e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Investigación en Tecnoloxías e Procesos Avanzados na Industria pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 19 de decembro de 2011.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Investigación en Tecnoloxías e Procesos Avanzados
na Industria

Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura.

Universidades participantes: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorios

9

Optativas

39

Prácticas externas

0

Traballo fin de máster

12

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e distribución temporal do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Iniciación á Investigación

3

Obrigatorio

Formación Xenérica en Ferramentas para a Investigación

Ferramentas Informáticas para a Investigación

3

Obrigatorio

Métodos Estatísticos Avanzados para a Investigación Científico-Técnica

3

Obrigatorio

Cálculo Matricial e Optimización: Métodos Avanzados e as súas Aplicacións á Enxeñaría

3

Optativo

Técnicas de Aproximación, Interpolación e de Resolución de Problemas Diferenciais

3

Optativo

Modelización e Simulación Numérica de Procesos Multifísicos

3

Optativo

Técnicas Avanzadas de Deseño de Sistemas de Control

3

Optativo

Formación Multidisciplinar en Tecnoloxías e Procesos Avanzados na Industria

Enxeñaría de Sistemas para a Automatización

3

Optativo

Tecnoloxías Avanzadas en Sistemas de Refrixeración

3

Optativo

Tecnoloxías Químicas e Electroquímicas

3

Optativo

Iluminación e Procesamento de Imaxe na Industria

3

Optativo

Procesos Avanzados de Conformado de Materiais Metálicos Avanzados

3

Optativo

Enxeñaría de Superficies: Recubrimentos

3

Optativo

Metodoloxías de Deseño e Fabricación de Circuítos Electrónicos Integrados e MEMS

3

Optativo

Técnicas Avanzadas de Caracterización de Materiais

3

Optativo

Tecnoloxías Ópticas de Medición Industrial

3

Optativo

Avances en Robótica e Visión Artificial

3

Optativo

Eficiencia nos Sistemas Eléctricos Industriais

3

Optativo

Sistemas Térmicos Avanzados Baseados en Enerxías Alternativas

3

Optativo

Convertidores Electrónicos de Potencia de AC

3

Optativo

A Radiación Solar. Natureza, Disponibilidade e Aplicacións

3

Optativo

Procesos Avanzados de Modificación Superficial

3

Optativo

Corrosión e Protección

3

Optativo

Procesos Avanzados de Fabricación Industrial Asistidos por Láser

3

Optativo

Técnicas Avanzadas de Transmisión Mecánica

3

Optativo

Modelos para a Análise, Simulación e Optimización de Procesos, Sistemas e Medios de Fabricación

3

Optativo

Procesamento de Materiais para Nanotecnoloxía

3

Optativo

Traballo fin de máster

12

Obrigatorio

Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Investigación en Tecnoloxías e Procesos Avanzados na Industria o alumnado deberá superar 21 ECTS obrigatorios e 39 ECTS optativos.