Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2012 Páx. 2566

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (593/2011).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial do reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 1070/2008, seguido neste xulgado por instancia, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión son do seguinte teor literal:

«A Coruña, nove de decembro de dous mil once. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada-xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 reforzo da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 1070/2008, seguidos por instancia de José Artigas Aguiar Cruz, representado pola letrada Sra. Gómez Lozano, contra a empresa Noroeste Express Servicio Integral de Paquetería, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Fallo que estimando integramente a demanda formulada por José Artigas Aguiar Cruz, representado pola letrada Sra. Gómez Lozano, contra a empresa Noroeste Express Servicio Integral de Paquetería, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle á demandante a suma de 16.336,75 euros, en concepto de salarios debidos correspondentes aos meses de xaneiro a abril de 2008, incrementada cos xuros moratorios pertinentes.

Así mesmo, debo condenar e condeno subsidiariamente o Fogasa a responder de tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 de Estatuto do traballador.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que esta non é firme e contra ela cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a notificación desta sentenza, do cal coñecerá, se é o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establece o artigo 188 e seguintes do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril, pasados os cales quedará firme e se procederá ao seu arquivo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Noroeste Express Servicio Integral de Paquetería, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia na Coruña, 15 de decembro de 2011.

A secretaria xudicial