Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2012 Páx. 2567

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (931/2008).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que na resolución ditada o día 19-12-2011 no proceso seguido por instancia de María Eugenia Maceira Pampín contra Instalaciones y Montajes Eléctricos Fran, S.L., en reclamación por salarios, rexistrado co n.º 931/2008, se acordou notificarlle á empresa a seguinte sentenza:

«Resolvo que, estimando a demanda interposta pola demandante María Eugenia Maceira Pampín contra Instalaciones y Montajes Eléctricos Fran, S.L., debo condenar e condeno a empresa Instalaciones y Montajes Eléctricos Fran, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 2.947,32 euros polos conceptos reclamados en demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de que consignou a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar o depósito especial para recorrer.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes notificacións se realizarán nas dependencias deste xulgado, agás as que sexan auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación a Instalaciones y Montajes Eléctricos Fran, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 26 de decembro de 2011.

A secretaria xudicial
Rubricado